Actividades e requisitos

Por un lado, actuaremos de forma na que a relación socioeducativa cos/as participantes da asociación sexa plenamente satisfactoria, tanto para nós coma para eles/elas, mediante actividades e iniciativas (individuais, grupais, saídas ao exterior, relacións con outras persoas...) nas que fomentaremos a súa (posible) independencia. As persoas coas que traballaremos serán tanto persoas con diversidade funcional (dependentes, semidepententes e independentes) como con persoas que soliciten información, queiran axudar ou integrarse no mundo do voluntariado. Intentaremos optar pola axuda de profesionais para que as persoas que necesiten algún tipo de axuda especializada sexan atendidas da mellor maneira posible, tendo en conta a nosa completa disposición como educadoras sociais. Especialmente é necesaria a formación dos/as educadores/as sociais, debido a todas as súas funcións na asociación e para darlle oportunidade a todas quelas persoas que queren reivindicar a súa profesión. É fundamental a formación de persoas especializadas en atención á diversidade funcional, debido ás diferentes adaptacións que poden necesitar as persoas. E, por suposto, non se lle pedirá ningunha formación específica ao voluntariado, debido a que queremos darlle oportunidade a todas as persoas de aprender e formarse persoalmente con nós. As persoas formadas en determinados aspectos serán quen guíen ao voluntariado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

INFOGRAFÍA. Diversidade funcional

Boas! Hoxe vos traemos unha terceira forma de publicitar a nosa asociación, neste caso, mediante unha infografía na que plasmamos de maneira...